Molotov | Hoxe todas somos familia. Vegalsa – Eroski
Molotov Cóctel Creativo é unha axencia de comunicación, marketing e publicidade ubicada na Coruña
Molotov, Cóctel Creativo, publicidade, creatividade, deseño gráfico
17168
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-17168,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive

Hoxe todas somos familia. Vegalsa – Eroski

Pola túa cara bonita

A Carreira da Muller é o evento deportivo, festivo e solidario que reune máis mulleres en toda España, máis de cen mil ao ano. Vegalsa coas súas insignias Eroski e Familia participa na edición da Coruña.

Deseñamos unha acción solidaria “Pola túa cara bonita” para a feira previa á carreira. Vegalsa doa un euro para a loita contra o cancro de mama por cada selfie ou foto que as participantes se saquen diante do photocall e compartan no facebook da compañía.

A resposta foi increible, máis de setecentas corredoras sumáronse á acción solidaria. Entre todas as participantes se sortearon cestas de produtos Sannia de Eroski.

Finalizada a carreira a compañía mantén unha canle de comunicación aberta coas participantes, a solidariedade é un bo argumento para o diálogo.

Categoría
Deseño Gráfico, Eventos, Ilustración, Publicidade